Fiuncho para correr os maos espíritus, Codeso para varrelos, Fento macho para os feitizos, Abeloura para escorrentar o demo, Malva para sandar, Romeu para purificar o fogar, Herba luisa para os amorios, esmorgas e troulas. Sete herbas, auga de sete fontes para "facer o cacho" e mais o orballo da noitiña de San Xoan para darlles todas as suas propiedades sanadoras.
Sandar non sei si sandasen, espantar demos e bruxas non sei se espantasen .... mais arrecender..... que ben arrecenden.