Pobra do Caramiñal, década de1960. Os días de mercado, as mulleres de Vilanova acudían no Vapor que comunicaba ambas marxes da Ria de Arousa para vender as súas mercancías na actual Praza de Maura, naqueles tempos coñecida como Praza dá Verdura. Nela atopábase un establecemento que exercia como Bar e Pensión coñecido como "O Traspaso" propiedade de Juan Davila.
Na fachada do devandito establecemento, ao carón da porta e nun pequeno oco que nela había , afacía instalar o propietario un pequeno altofalante co que amenizaba os días de mercado cunha variada selección de música clásica. Tamén era posuidor D. Juan dun loro, o cal , de cando en vez , gustaba pasearse encaramado enrriba dun can que tamén habitaba no local. Ao parecer, xa naqueles tempos, o prezo do Kilowatio era un gasto inasumible para calquera negocio e non atopando mellor xeito de remedialo, deu en modificar dalgún xeito o cableado electico encostado á fachada do inmueble de tal xeito que a roda do contador virase en sentido contrario para o que foi deseñado, tendo que desistir de tal artimaña ao tomar en consideración que chegado un momento xa non lle quedaban watios que descontar. Pero o realmente curioso, e así o recolle a prensa da época (30 de Xaneiro de 1960) foi que D. Juan era propietario dunha extraordinaria galiña capaz de poñer ovos de catro xemas e que cando algúns incrédulos dubidaban da capacidade de tan portentoso animal adoitaba escachalos diante deles no mostrador do Traspaso.
Praza da Verdura (Foto cedida por Bar "Catro Canos" e publicada por "Pobra histórica" |