Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2015

Demúsicas II

                                                                                                      La mala reputación                                                                               

O Monumento a Valle Inclán II (fotosconhistoria)

A inauguración.- Tralo falecemento de Valle  Inclan o 05 de Xaneiro de 1936 en Santiago de Compostela, significados membros da sociedade Pontevedresa reúnense no local de “Labor Gallego” (o seu principal promotor) para estudar a forma de levar rápidamente a cabo un monumento ao ilustre novelista galego, acordándose intalar o mesmo nos xardíns Viccenti de Pontevedra, sendo cedido o monumento polo escultor Benito Prieto Cussent , profesor de debuxo e modelado do Instituto de Tuy Contan as crónicas da época que o día 21 de Xuño de 1936 ante unha nutrida e distinguida concurrencia que abarrotaba os paseos dos Xardíns Viccenti e tras diversos e floreados discurso das autoridades e promotores loando a figura do homenajeado, deuse finalizado o acto co discurso do Gobernador civil Sr. Acosta que termina “anhelando que na comunidade de sentimentos e vontades Galicia afirme cada día máis a súa personalidade e estimule aos seus auténticos valores para traballar pola terra e pola República

O Monumento a Valle Inclán I (fotosconhistoria)

No mirador de “A curotiña” no Concello da Pobra do Caramiñal levántase un monumento en pedra dedicado ao literato Ramón María del Valle  Inclán, as aventuras que viviu forman parte desta  historia desgranada en pequenas entradas. O seu autor :                                            BENITO PRIETO COUSSENT                                                          ( Ribadeo (Lugo) 1907  Granada 2001 )  Naceu en Ribadeo, Lugo, o 6 de Xuño de 1907. Desde moi pícaro espertouse nel a curiosidade, a inquietude e a procura do ideal e a beleza, manifestándose mediante o debuxo primeiro e moi pronto tamén pola pintura. O mozo Benito aprendeu do seu pai, fotógrafo de prestixio, os segredos da luz e a composición. As primeiras experiencias artísticas chéganlle case xogando, cando lle deixan utilizar os utensilios do que fose ilustre pintor tardo romántico Dionisio Fierros, a cuxa casa acudía o mozo en compañía de Dionisio Gamallo Fierros, o seu neto, que chegou a ser gran literato e huma