Contan os que saben desas cousas, que O artigo 29 da Lei
electoral nos tempos da Restauración proclamaba de xeito automático como
gañador das eleccións nun distrito electoral a un candidato cando era o único
que se presentaba, e sen necesidade de celebrar as votacións. Por tal motivo
facíase o posible e " mais " para lograr o candidato único.
A proverbial
sabedoría do pobo galego bautizou o artigo coa devandita expresión, polo que
pasou a ser sinónima de dúbida, receo ou desconfianza. Pero "O carallo 29" tamén existe e encóntrase no numero 29 da
rúa Travesa en Santiago de Compostela, (realmente a
devandita rúa remata no número 27 aínda que, se continuase, encontrariamos no
número 29 unha pedra en forma de pene.)
"O carallo 29" |