"Unha noite, noite de moita invernada, houbo un naufraxio. Porque este, como sabedes, era e é un país de moitos naufraxios. Pero aquel foi un naufraxio moi especial. O barco chamábase Palermo e ia cargado de acordeóns. Mil acordeóns embalados en madeira. A tempestade fundiu o barco e arrastrou o cargamento cara a costa. O mar, cos seus brazos de estibador entolecido, esnaquizou as caixas e foi levando os acordeóns para as praias. Toda a noite soaron os acordeóns con melodias, claro, maís ben tristes. Era unha música que entraba polas fiestras, empuxada polo vendaval"
"O lapis do Carpinteiro"- Manuel Rivas. (O lapis do carpinteiro e testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento).