No mirador de “A curotiña” no Concello da Pobra do Caramiñal levántase un monumento en pedra dedicado ao literato Ramón María del Valle  Inclán, as aventuras que viviu forman parte desta  historia desgranada en pequenas entradas.   O seu autor :                                            BENITO PRIETO COUSSENT                                                           ( Ribadeo (Lugo) 1907  Granada 2001 )     Naceu en Ribadeo, Lugo, o 6 de Xuño de 1907. Desde moi pícaro espertouse nel a curiosidade, a inquietude e a procura do ideal e a beleza, manifestándose mediante o debuxo primeiro e moi pronto tamén pola pintura. O mozo Benito aprendeu do seu pai, fotógrafo de prestixio, os segredos da luz e a composición. As p...